Saltar ao contido

Traill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTraill
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoThomas Stewart Traill Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional do Nordeste de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaParque Nacional do Nordeste de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 72°33′N 23°35′O / 72.55, -23.58
Bañado porMar de Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.884 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións48 (ancho) × 110 (lonxitude) km
Superficie3.542 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Traill (en dinamarqués, Traill Ø) é unha grande illa ribeirega localizada en augas do mar de Groenlandia, fronte á costa nororiental de Groenlandia. Ten unha superficie de 3.452 km², que a converten na cuarta illa maior de Groenlandia -logo da propia illa principal de Groenlandia, da illa Disko e da Terra de Milne-.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Falla xigante na costa sur da illa Traill.

A illa Traill atópase na costa nordés de Groenlandia, da que a separa, todo ao longo da súa costa occidental, o fiorde do rei Oscar (Kong Oscar), de varios quilómetros de anchura. Un entrante de mar máis estreito, a canle de Veiga (Veiga Sund) sepáraa ao norte da illa da Sociedade Xeográfica. Só a zona sueste está aberta ao mar de Groenlandia (océano Ártico), sangrada por un gran fiorde, o fiorde Montnorris, que penetra uns trinta quilómetros no sur da illa.

Cunha lonxitude duns 120 km en dirección noroeste-sueste e unha anchura máxima duns 50 km, culmina nun punto sen nomear a 1.884 m..

A illa Traill é parte do Parque Nacional do nordés de Groenlandia (que comprende toda a parte nordeste de Groenlandia).

Poboación

[editar | editar a fonte]

A illa de Traill está deshabitada.

A illa leva o nome do zoólogo escocés Thomas Stewart Traill (1781-1862).