Tradición
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Tradición[1] é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade[2] considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc. O cambio social altera o conxunto de elementos que forman parte da tradición.
Tamén se emprega a locución tradición popular para aludir aos valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística característicos dunha comunidade, en especial a aqueles que se transmiten por vía oral. O tradicional coincide así, en gran medida, coa cultura e o folclore ou a sabedoría popular, como nos refraneiros.
Da tradición, segundo isto é filla a historia, e a escrita que primeiro foi vocal, e sono todas, pois tradición é narración, opinión e doutrina derivada vocalmente, sen ter escrito, co uso de pais a fillos, e dos que viron as cuosas, aos que non as viron.
|
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra provén do substantivo latino traditio, e este á súa vez do verbo tradere, «entregar».
René Guénon
[editar | editar a fonte]A palabra tradición ten un sentido particular nos escritos do metafísico francés René Guénon. Con ela alude Guénon a contidos e prácticas trasmitidos durante séculos que manteñen aberta unha vía de acceso á verdade absoluta do home e a relación deste con Deus e a creación. Esta tradición é única para toda a humanidade (Traditio perennis), e maniféstase de forma superficialmente distinta nos diferentes pobos e relixións, variando segundo o contexto, pero mantendo sempre intacta a parte interior ou esotérica que é inalterable e incomunicable (pois precisa da propia experiencia ou iniciación). A cadea rómpese coa época moderna, na que se perde (agóchase) a tradición verdadeira e só persisten sucedáneos (a vistas dos non iniciados) que non remiten a ningunha realidade trascendente, pois se trata só de manifestacións físicas reproducibles, e non de realidades interiores que se externalizan a través de múltiples formas, axustándose aos límites estabelecidos pola mesma tradición.
Vicente Aleixandre
[editar | editar a fonte]A visión conservadora da tradición ve en ela algo que preservar de maneira fiel e acrítica. Desde unha perspectiva aberta ao cambio apréciase, pola contra, que a vitalidade dunha tradición depende da súa capacidade para renovarse, podendo modificar a súa forma para adaptarse a novas circunstancias, sen perder por iso o seu sentido.
O poeta Vicente Aleixandre destaca esta capacidade creadora da tradición ao escribir no seu discurso de recepción do premio Nobel: Tradición y revolución. He ahí dos palabras idénticas (Tradición e revolución. Velaí dúas palabras idénticas.).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tradición.
- ↑ "Cultura y compromiso" de M. Mead (1990), México D.F.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tradición |