Tracy Caldwell Dyson
Tracy Caldwell Dyson | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 14 de agosto de 1969 |
Lugar | Arcadia |
Nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Misións | Expedição 23, Expedição 24, STS-118 e Soiuz TMA-18 |
Tempo no espazo | 188,80 días |
Premios | Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tracy Ellen Caldwell Dyson é unha astronauta estadounidense que participou nas misións STS-118 e Soiuz TMA-18. Pasou un total de 188,80 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autorretrato de Tracy Caldwell na ISS
Caldwell Dyson naceu o 14 de agosto de 1969 en Arcadia, California. É graduada en química pola CSU Fullerton en 1993, tendo un doutaremento en química pola Universidade de California en Davis en 1991. Está casada con George Dyson IV entre as súas afeccións está a práctica de varios deportes, o excursionismo e reparación e mantemento de vehículos.[1][2]
Foi seleccionada como candidata pola NASA en xuño de 1998 e pasou a ser astronauta oficialmente en 2000. Formou parte da tripulación das misións STS-118 e Soiuz TMA-18.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Tracy Caldwell Dyson (Ph.D.) NASA Astronaut" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Caldwell-Dyson, Tracy Ellen" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tracy Caldwell Dyson |