Tránsito Amaguaña
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Rosa Elena Tránsito Amaguaña Alba 10 de setembro de 1909 Cayambe |
| Morte | 10 de maio de 2009 Cayambe |
| Grupo étnico | Pobo quechua |
| Actividade | |
| Ocupación | activista política |
| Premios | |
| |
Rosa Elena Tránsito Amaguaña Alba, nada o 10 de setembro de 1909 en Pesillo e finada o 12 de maio de 2009 nesta mema vila, foi unha das líderes indíxenas de Ecuador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Amaguaña foi unha figura sobranceira dos grandes levantamentos indíxenas ecuatorianos de Cayambe, efectuados na primeira metade do século XX, previos á Reforma Agraria deste país. Foi así mesmo unha firme defensora da educación bilingüe quechua-español, creando en 1945, por iniciativa propia e sen apoio gobernamental, as denominadas escolas campesiñas de ensino bilingüe, na área de Cayambe, provincia de Pichincha. O seu labor incesante foi recoñecido co Premio Eugenio Espejo, recibido en 2003.