Saltar ao contido

Tough Guys Don't Dance (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tough Guys Don't Dance
Título orixinalTough Guys Don't Dance
Autor/aNorman Mailer
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela negra
EditorialRandom House
Data de pub.1984
editar datos en Wikidata ]

Tough Guys Don't Dance é unha novela de Norman Mailer, publicada en 1984.

Tim Madden é un escritor, ex-convicto, duns 40 anos, alcohólico e enganchado á marihuana, e casado cunha muller rica. Ás tres semanas de que a súa muller o abandonara, e tras unha noite de xolda, teñen lugar uns estraños sucesos, que non lembra por completo. A partir de aí, intentará descubrir a quen pertence o sangue que apareceu no seu coche, quen deixou as cabezas da súa esposa e doutra muller nunha leira onde cultiva cánnabis, e outras mortes. Enfrontándose ó xefe de policía, ó exmarido da súa muller (á vez que excompañeiro seu de instituto e de prisión), e a dous veciños da súa vila, e coa axuda do seu pai, vai desenredando o misterio.

Narración

[editar | editar a fonte]

Está ambientada en Cape Cod, Massachusetts, na costa leste dos Estados Unidos.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Foi levada ó cine polo propio Norman Mailer en 1987, co mesmo título de Tough Guys Don't Dance, con Ryan O'Neal como protagonista.