Tonis puri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavash.jpg
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O tonis puri (en xeorxiano: თონის პური) é un tipo de pan de Xeorxia que se fai nun tipo concreto de panadaría chamada tone. O tonis puri sérvese como calquera outro pan, pero tende a ser máis popular en celebracións especiais como Semana Santa, Nadal, Ano Novo e aniversario e vodas.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Burum, Linda (3 de xuño de 1993). «MARKETS Georgia on My Mind». Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2010.