Saltar ao contido

Tomás Roncero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTomás Roncero

Tomás Roncero en 2015.
Nome orixinalTomás Gómez-Díaz Roncero
Biografía
Nacemento9 de maio de 1965 (59 anos)
España Villarrubia de los Ojos, España
País de nacionalidadeEspañola
Actividade
OcupaciónXornalista

Twitter: As_TomasRoncero BNE: XX1574252 Editar o valor en Wikidata

Tomás Gómez-Díaz Roncero, nado en Villarrubia de los Ojos, Cidade Real o 9 de maio de 1965, máis coñecido como Tomás Roncero, é un xornalista español.

En prensa escrita, ocupa o cargo de redactor xefe do diario ASen radio, forma parte do equipo de comentaristas de Carrusel Deportivo da Cadena SER; e en televisión, é un dos interlocutores estrela do programa El chiringuito de Jugones.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid,[2] comezou a traballar como redactor en Madrid para dous diarios do Grupo Godó: Mundo Deportivo (1985-1989) e La Vanguardia (1989-1992).

Posteriormente pasou pola axencia de noticias Colpisa e en 1992 foi contratado polo diario El Mundo, onde permaneceu nove anos.[3] Máis tarde chegou á redacción do diario AS, onde permanece como redactor xefe. Na súa etapa especializouse en información sobre o Real Madrid, equipo do que é declarado seguidor.[4]

Ademais do seu traballo en AS, Roncero colaborou como comentarista nos espazos de radio El larguero e Carrusel deportivo, (ambos na Cadena SER), El penalti (Onda Cero), El tirachinas (COPE), Punto Pelota (Intereconomía) e El mirador (Punto Radio).

Apareceu na película Torrente 5: Operación Eurovegas (2014) interpretando ao seleccionador de Cataluña.[5]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. El Villarato no respeta a mi pueblo Diario AS, 18 de maio de 2011
  2. Tomás Roncero acude hoy a una charla en Pepino Arquivado 20 de marzo de 2017 en Wayback Machine. La Tribuna de Talavera, 31 de agosto de 2011
  3. Los cinco chicos que nunca consiguieron una Copa de Europa El Mundo, 10 de xaneiro de 2002
  4. Tomás Roncero ficha por Carrusel Deportivo Diario AS, 30 de xullo de 2010
  5. Tomás Roncero, seleccionador de la Catalunya independiente... en 'Torrente 5' El Periódico, 11 de outubro de 2014
  6. La Quinta del Buitre, Historia de una Leyenda casadellibro.com
  7. "EL GRAN PARTIDO EBOOK TOMAS RONCERO". www.casadellibro.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-19. 
  8. ¡Hala Madrid!, Ed. Planeta Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. planetadelibros.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]