Saltar ao contido

Todos estamos invitados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todos estamos invitados
 Título
Todos estamos invitados Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
2008 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración80 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/04mvdhv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0922641 Filmaffinity: 125541 Rottentomatoes: m/todos-estamos-invitados Allmovie: v453957 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Todos estamos invitados é un filme español dirixido por Manuel Gutiérrez Aragón que se estreou no 2008. Trata sobre a situación política de Euskadi durante os anos 90.

Tras tentar saltar un control da Garda Civil por incendiar un camión, Josu Jon (Óscar Jaenada) recibe un forte golpe na cabeza, perdendo a memoria. Entón é ingresado nun hospital penitenciario agardando á decisión do xuíz. Josu Jon non sabe ben quen é, e as monxas do hospital ensínanlle a rezar e a ser un bo cristián, mentres que os seus vellos compañeiros lle axudan a lembrar que el é un etarra, e que axiña poderá reincorporarse á organización.

Paralelamente, un profesor de universidade, Xabier (José Coronado), é ameazado polas súas opinións acerca da banda e dos seus atentados. Xabier mantén unha relación cunha alumna italiana, Francesca (Vanessa Incontrada), que á súa vez traballa como psicóloga no centro psiquiátrico onde se atopa Josu Jon.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]