Todo isto che darei
Aparencia
Todo isto che darei | |
---|---|
Título orixinal | Todo esto te daré |
Autor/a | Dolores Redondo |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Editorial Planeta Edicións Xerais |
Data de pub. | 2016 |
Páxinas | 624 |
Tradución | María Dolores Torres París |
[ editar datos en Wikidata ] |
Todo isto che darei (en castelán: Todo esto te daré) é unha novela negra en lingua castelá escrita pola autora vasca Dolores Redondo, publicada pola Editorial Planeta[1]. Foi traducida ao galego por María Dolores Torres París e publicada por Edicións Xerais.
Foi a gañadora da 65ª edición do Premio Planeta,[2] concurso ao que se presentou co título de Sol de Tebas e baixo o seudónimo de Jim Hawkins.[3]
Trama
[editar | editar a fonte]Manuel Ortigosa, un afamado escritor, atópase rematando a súa última novela no seu domicilio de Madrid cando recibe a noticia de que o seu marido acaba de falecer nun accidente de tráfico na Ribeira Sacra. Tras a súa viaxe para identificar o cadáver, empeza a procura da verdade nunha contorna e unha familia na que nada é o que parece.