To Leave A Trace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
To Leave A Trace
OrixeLutsk, Volyn, Ucraína Flag of Ukraine.svg
Período2007 - actualidade
Xénero(s)Metalcore
MembrosOksana Bugayova
Artur Vashchuk
Yaroslav Bebko
Vasyl Yaremiy

To Leave A Trace (inglés para «Deixar pegada») é un grupo de metalcore[1] con base en Lutsk, Volyn (Ucraína)[2] nado a finais do 2007[3]. O grupo confórmano Oksana Bugayova ─vocalista─, Artur Vashchuk ─batería─, Yaroslav Bebko ─guitarrista─ e Vasyl Yaremiy ─baixista[3]. O grupo está sen contrato discográfico[2] e distribúe a súa música libremente pola Internet[1], ao tempo que dan concertos por diversos lugares de Europa[3].

Álbums[editar | editar a fonte]

Portada de Fight Your Evil Side.

O seu primeiro e ata o momento único álbum é Fight Your Evil Side[1] (inglés para «Loita contra o teu lado malvado»), publicado en maio do ano 2009[3].

Ademais nestes momentos están a traballar nun segundo álbum titulado Boatman Is The Hero (inglés para «O barqueiro é o heroe»). A gravación inicial xa se realizou en Ucraína, e o traballo no álbum continúa nestes momentos no estudio estadounidense American Pink Noise Studio[3].

Concertos[editar | editar a fonte]

O grupo adoita dar concertos no seu país natal. Tras a publicación do seu primeiro álbum, iniciaron unha xira que abrangueu ademais algúns festivais Europeos. No ano 2010 aventuráronse por Polonia, onde deron preto de trinta concertos[3].

Licenza[editar | editar a fonte]

Todos os temas publicados polo grupo están baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual 3.0», o que os converte en música libre.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]