Tirso Lorenzo Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1877 Tui, España |
Morte | 12 de xullo de 1943 (66 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Irmáns | Venancio Lorenzo |
Tirso Lorenzo Rodríguez, nado en Tui o 15 de febreiro de 1877 e finado en Buenos Aires o 12 de xullo de 1943, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Venancio Lorenzo Rodríguez. Estudou a carreira sacerdotal que interrompeu en 1893. Emigrou á Arxentina, onde traballou como xornalista, fundou o diario El Heraldo, na localidade bonaerense de Lincoln. Colaborou nos periódicos de Bos Aires La Nación, Caras y Caretas, El Hogar, El Eco de Galicia e Mundo Argentino, onde sobresaíu como crítico literario. Presidente da primeira Casa de Galicia, ao estalar a guerra civil española incorporouse á causa republicana, responsabilizándose do Centro Republicano Español, do Ateneo Pi y Margall e da dirección de España Republicana. Neste periódico redactou a sección fixa "Fuego graneado", dende a que destacou como defensor da democracia española.
Obras
[editar | editar a fonte]- Antología de motivos poéticos, 1928.
- El celibato del doctor Adonis, 1932.
- Nuevos horizontes del idioma, 1936.