Venancio Lorenzo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 7 de setembro de 1909 valor descoñecido |
Alcalde de Tui | |
1909 – 1909 – Sabino Jurado → | |
Alcalde de Tui | |
1894 – 1895 – José Sarmiento Ozores → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Tirso Lorenzo Rodríguez |
Venancio Isidro Lorenzo Rodríguez, finado o 7 de setembro de 1909[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Tirso Lorenzo Rodríguez. Foi vicecónsul de Portugal en Tui. Representante da política de Ezequiel Ordóñez González, foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tui (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893.[2] Foi deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. Organizou e dirixiu os periódicos El Vencejo e El Aloya.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1893 con Inés Álvarez Fonterosa[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Galicia Nueva, 12-9-1909, p. 1.
- ↑ El Lucense, 28-12-1893, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 17-1-1893, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
- Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.
Predecesor: ? |
Alcalde de Tui 1894 - 1895 |
Sucesor: José Sarmiento Ozores |
Predecesor: Manuel Fernández Valdés |
Alcalde de Tui 1909 |
Sucesor: Sabino Jurado |