Tinomana Ariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tinomana Ariki é unha dinastía da tribo (vaka) de Puaikura na illa de Rarotonga (Illas Cook), o territorio tradicional da tribo localízase no oeste da illa, que se corresponde aproximadamente co distrito de Arorangi.

Arikis[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: Pa Maretu Ariki, Makea Takau Ariki, Hon. H.C. Mills, Tinomana Mereana Ariki
Tinomana Tuoro Ariki (1ª fila, 1º pola dereita) no Consello Insular de Rarotonga (ca. 1923-1925)
  • Tinomana Makea Tamuera (1868-1881), fillo do anteriror.
  • Tinomana Mereana Ariki (1881-1908), irmá máis nova do anterior, casou con John Mortimer Salmon, co que tivo cinco fillos, todos mortos na infancia.[1]. Sen descendencia o título pasou a outra liña da familia.
  • Tinomana Napa Ariki (1908-1909), da liña Oakirangi, o seu reinado durou só algúns meses. Tras a súa morte o título pasou a outra liña.
  • Tinomana Pirangi (1910-1915). Fillo de Taromi e neto de Papehia e Te Vaerua o te Rangi.
  • Tinomana Ngataraiau (1915-1916). Filla de Tekao e neta de Papehia e Te Vaerua o te Rangi.
  • Tinomana Tuoro (1916-1934), da liña Akaiti (terceira esposa de Tinomana Enuarurutini)
  • Tinomana John Pirangi (1934-1948), fillo de Tinomana Pirangi e Rangipiri (liñaTe Pori/Papehia)
  • Tinomana Tepai (1948-1970), liña Te Pori/Papehia. Despois da súa morte houbo un conflito de sucesión entre as liñas Te Pori/Papehia, Oakirangi e Akaiti, decidíndose que as tres liñas se sucederían por quendas.
  • Tinomana Napa Tauei Konitanitai Ariki ou Constantin Napa (1975-1991), liña Oakirangi
  • Tinomana Ruta Tuoro Ariki, ariki desde 1991.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beatrice Grimshaw, "In the strange south seas", 1907, p 84.