Tierra y Libertad (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tierra y Libertad (periódico)
Fundación1888
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Tierra y Libertad é un periódico español de ideoloxía anarquista editado pola Federación Anarquista Ibérica.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A primeira edición dun periódico anarquista con este nome ten lugar en 1888. O nome tomouse do movemento populista ruso homónimo, que resume o desexo dos desherdados do mundo. Mantívose un ano con periodicidade quincenal. Tras ese período desapareceu, volvendo dez anos despois como suplemento da Revista Blanca, converténdose en semanario en 1900. Converteuse en xornal na segunda metade de 1903. Foi prohibido pola ditadura de Primo de Rivera en 1923, xunto co resto da prensa libertaria. Reaparece en 1930 como semanario, editado xa pola Federación Anarquista Ibérica (FAI), sendo xornal nos anos da Revolución Española (1936-39).

Trala vitoria fascista, seguiu publicándose clandestinamente, sen periodicidade fixa. Paralelamente, en México os exiliados anarquistas españois publican un periódico mensual con idéntico nome, que servía de chamamento a tódolos defraudados pola Revolución Mexicana que, ó berro de ¡Tierra y libertad! se alzara contra a opresión, malia que posteriormente fose traizoada.

En España a FAI decidiu en 1977 volver a editar mensualmente Tierra y Libertad, trala reorganización libertaria trala morte de Francisco Franco.

Actualmente, é o decano da prensa libertaria en lingua castelá, e unha das máis antigas do mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]