Three
Three | |||||
---|---|---|---|---|---|
EP de U2 | |||||
Data de edición: | 26 de setembro de 1979 | ||||
Lanzamento: | {{{lanzamento}}} | ||||
Datas de gravación: | 4 - 5 de agosto de 1979 | ||||
Estudio(s) de gravación: | Windmill Lane, Dublín | ||||
Duración: | 9:58 | ||||
Xénero musical: | rock, post-punk | ||||
Selo discográfico: | CBS Ireland | ||||
Producido por: | U2, Chas de Whalley | ||||
Cronoloxía | |||||
|
Three, tamén coñecido como U2 3, é un EP da banda irlandesa de rock U2, publicado en Irlanda o 26 de setembro de 1979 a través do selo CBS Ireland. Trátase do primeiro lanzamento realizado polo grupo.
Three está formado por tres cancións gravadas nos estudios Windmill Lane de Dublín en agosto de 1979, co A&R do selo Chas de Whalley como produtor. "Out of Control" aparece na cara A, e "Stories for Boys" e "Boy/Girl" na B, e o lanzamento aparece referido tanto como EP como sinxelo. Foi un grande éxito para o grupo, que vendeu as 1 000 copias da edición limitada en vinilo de 12" case inmediatamente. A edición en vinilo de 7" acadou o número 17 da lista de sinxelos irlandesa.[1]
"Out of Control" e "Stories for Boys" regraváronse o ano seguinte e incluíronse no álbum de estrea da banda, Boy. Three reeditouse para o Record Store Day Black Friday en novembro de 2019 para celebrar o 40 aniversario do seu lanzamento orixinal.[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Bono, toda a música composta por U2.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Out of Control" | 3:58 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Stories for Boys" | 2:39 | |||||||
2. | "Boy/Girl" | 3:21 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Irish Charts - All there is to know". www.irishcharts.ie. Consultado o 2021-12-07.
- ↑ "Lizzo, Lewis Capaldi among Record Store Day Black Friday releases". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2021-12-07.