Tholos de Montelirio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | megálito | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Castilleja de Guzmán, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1998 | |||
Estado de conservación | abandonado | |||
Tholos de Montelirio é un sitio arqueolóxico na provincia de Sevilla, cerca de Valencina de la Concepción e Castilleja de Guzmán. Consiste nun tholos que consta de dúas cámaras (unha grande e outra máis pequena), un corredor ao aire libre, duns 40 metros de lonxitude, e un atrio, cuberto por un túmulo artificial. Estímase que foi construído durante a Idade do Cobre, nalgún momento comprendido entre os anos 2900 e 2800 a. C.
Dimensións
[editar | editar a fonte]Está baixo un túmulo de 75 metros de diámetro. O tholos ten unha lonxitude aproximada de 50 metros: 37,7 metros de lonxitude do corredor, 4,75 metros de diámetro pertencentes á cámara grande e 2,75m de diámetro da cámara pequena.
Artefactos e restos humanos
[editar | editar a fonte]Entre os artefactos hai un puñal cunha folla de cristal de rocha e un mango de marfil decorado con 90 contas discoides perforadas feitas de nácara. A cámara principal contén corpos humanos e estaba cuberta cunha pátina vermella de cinabrio e decorada con motivos do sol. A investigación da Universidade de Sevilla determinou que durante o solsticio de inverno o sol brillaba durante uns minutos polo corredor de entrada, iluminando a cámara funeraria e golpeando unha estela que representaba á deusa nai.
Descubriuse que todos os restos humanos do lugar conteñen "niveis moi altos" de mercurio. Crese que isto se debe á súa continua exposición ao cinabrio que contén mercurio ou porque a súa pel estaba pintada con mercurio. Ademais, atopáronse evidencias de artrose nos ósos, que, tendo en conta a esperanza de vida media de 40 anos na Idade do Cobre, pode indicar que eses humanos andaban moito ou eran bailaríns.
En 2008 descubriuse o esqueleto dun individuo de alto rango enterrado na tumba do lugar e pensábase que era un home. Debido aos artefactos de marfil circundantes, o esqueleto foi bautizado como o "Home de Marfil". Porén, en 2021 anunciouse que, baseándose na análise do péptido ameloxenina específico do sexo no esmalte dental. o esqueleto é o dunha muller. Os resultados correspondentes foron publicados en 2023 por Nature e propúxose un novo nome para o esqueleto, "Ivory Lady" (muller de marfil).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cintas-Peña, Marta; Luciañez-Triviño, Miriam; Montero Artús, Raquel; Bileck, Andrea; Bortel, Patricia; Kanz, Fabian; Rebay-Salisbury, Katharina; García Sanjuán, Leonardo (6 de xullo de 2023). "Peptide analyses of amelogenin reveal female leadership in Copper Age Iberia (c. 2900–2650 BC)". Nature 13 (1): 9594. PMC 10326254. PMID 37414858. doi:10.1038/s41598-023-36368-x. Consultado o 13 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A dama de Marfil: a persoa máis poderosa da Idade do Cobre ibérica (National Geographic; en castelán)