Think of a Number

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Think of a Number
Título orixinalThink of a Number
Autor/aJohn Verdon
Ilustrador/aJohn Jude Palencar
CubertaJohn Jude Palencar
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela de detectives
Data de pub.2010
Páxinas509
ISBNISBN 978-0-307-58892-0
Seguido porShut Your Eyes Tight

Think of a Number é a primeira novela de policías de John Verdon. O seu protagonista é Dave Gurney, un detective xubilado de Nova York.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia comeza cando o señor Mark Mellery recibe unha carta. Enriba dela, hai unha nota na que un descoñecido que di coñecelo moi ben, lle pide que pense nun número entre o un e o mil. Cando abre o sobre, descobre que o número no que pensara é exactamente o mesmo que hai no sobre. Na carta adxunta, demándalle que envíe unha cantidade de cartos a un enderezo postal. Para resolver este misterio que lle está a proer os miolos, acode ó seu vello amigo da universidade, Dave Gurney, un ex detective moi prestixioso que se retirou despois de vinte e cinco anos de servizo.