The Sims FreePlay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Sims Freeplay»)

The Sims FreePlay (en galego, Os Sims Gratuíto) é un videoxogo de simulación social creado por EA Mobile e distribuído por Electronic Arts para dispositivos móbiles. É o segundo xogo deste tipo da serie, sendo o primeiro The Sims 3. Foi lanzado entre 2011 e 2013 para iOS, Android, Blackberry e Windows Phone.

Sistema de xogo[editar | editar a fonte]

Pódense crear ata 34 sims, personalizando datos xenéticos e o estilo. Unha vez feito isto vivirán en casas xa deseñadas, ou creadas dende cero, amoblándoas a gusto. Tamén os Sims deben traballar, relacionarse con outros e demais actividades, igual que en calquera outro xogo da franquía.

Gardar na nube[editar | editar a fonte]

Para gardar o progreso dunha partida débese iniciar sesión con Facebook, Google Play (dispositivos Android) ou Game Center (iOS). Amais, a nube permite pasar os progresos no xogo a outros dispositivos.

Recepción[editar | editar a fonte]

En xeral, o xogo recibiu críticas positivas por parte dos críticos especializados e superou as 100 millóns de descargas.

Na App Store (tenda para dispositivos Apple), o xogo ten unha puntuación de 4.5/5 estrelas baseada en 79,9 mil comentarios.

En Google Play (tenda para dispositivos Android) posúe 4.2/5 estrelas en base a 5 millóns de comentarios.

O sitio web Metacritic deulle unha puntuación de 80 sobre 100 en crítica e 5.6 sobre 10 en opinións dos usuarios.[1]

Gamezebo aclarou que Os Sims Gratuíto é todo o que un podería querer nun xogo gratuíto dos Sims.[2]

Everyeye.it, en cambio, dixo que se ben o xogo tiña bos gráficos, opcións variadas de obxectos e boa música, non era gratuíto tal como o seu título indica. Ademais, fixo énfase no sistema de microtransaccións e o uso do tempo real como parámetro no xogo.[3]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. The Sims Freeplay for iPhone/iPad Review. https://www.metacritic.com/game/ios/the-sims-freeplay
  2. The Sims FreePlay Review - Gamezebo. https://www.gamezebo.com/2011/12/15/sims-freeplay-review/ Arquivado 09 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
  3. Recensione The Sims Gratis - Everyeye.it https://www.everyeye.it/articoli/recensione-the-sims-gratis-15738.html