The Plains of Passage
As chairas do tránsito | |
---|---|
Título orixinal | The Plains of Passage |
Autor/a | Jean M. Auel |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | Os fillos da terra |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() |
Data de pub. | ![]() |
Formato | Tapas duras (USA) |
Páxinas | 760 |
ISBN | ISBN 0-517-58049-7 |
Precedido por | Os cazadores de mamuts |
Seguido por | Abeiros de pedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
As chairas do tránsito[1] (na versión orixinal The Plains of Passage) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 1990. É o cuarto libro da serie Os fillos da terra.
Sinopse[editar | editar a fonte]
A novela relata a viaxe dun ano dende que Ayla e Jondalar abandonan os Mamutoi e remontan o Río da Gran Nai (o Danubio) ata a chegada ás terras onde habita a tribo de Jondalar. Ó longo do traxecto, Ayla vai coñecendo distintas tribos de Os Outros -maioritariamente grupos que Jondalar coñeceu na súa viaxe cara a desembocadura do río. Ayla é temida por estes grupos pola súa capacidade de dominar os animais (sobre todo de Lobo).