The Fall of Math é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de post-rock65daysofstatic, publicado o 20 de setembro de 2004 a través do selo Monotreme. O disco contén a que posiblemente é a súa canción máis coñecida, "Retreat! Retreat!".
Editáronse dous sinxelos do álbums, ámbolos dous despois do seu lanzamento. Mentres que "Retreat! Retreat!" foi un sinxelo normal en CD con dúas caras b,[1] "Hole" foi publicado como un EP de 7 temas cunha lonxitude de case trinta minutos.[2] Os dous temas estiveron acompañados de vídeos promocionais.
A canción "Aren't We All Running?" apareceu no primeiro trailer para o videoxogo Binary Domain.[3]