Un soño posible
(Redirección desde «The Blind Side»)
Un soño posible | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Blind Side |
Director | John Lee Hancock |
Produtor | Broderick Johnson Andrew Kosove Gil Netter |
Guión | John Lee Hancock |
Baseado en | The Blind Side: Evolution of a Game de Michael Lewis |
Intérpretes | Sandra Bullock Tim McGraw Quinton Aaron Kathy Bates |
Música | Carter Burwell |
Fotografía | Alar Kivilo |
Montaxe | Mark Livolsi |
Estudio | Alcon Entertainment Fortis Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 20 de novembro de 2009 21 de setembro de 2013 (TVG) |
Duración | 129 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $29 000 000[1] |
Recadación | $309 200 000[1] |
Na rede | |
http://www.theblindsidemovie.com/ | |
Un soño posible (en inglés: The Blind Side) é un filme estadounidense dirixido por John Lee Hancock que se estreou no 2009. Baséase no libro de Michael Lewis The Blind Side: Evolution of a Game. Estreouse en galego na TVG o 21 de setembro de 2013.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Baseado en feitos reais. Michael Oher, un mozo negro sen fogar, é acollido por unha familia branca, disposta a darlle todo o seu apoio para que poida triunfar tanto coma xogador de fútbol americano coma na súa vida privada. Pola súa parte, Oher tamén influirá coa súa presenza na vida da familia Touhy.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Sandra Bullock como Leigh Anne Tuohy
- Tim McGraw como Sean Tuohy
- Quinton Aaron como Michael "Big Mike" Oher
- Jae Head como Sean "S.J." Tuohy, Jr.
- Lily Collins como Collins Tuohy
- Ray McKinnon como Adestrador Burt Cotton
- Kim Dickens como Mrs. Boswell
- Adriane Lenox como Denise Oher
- Kathy Bates como Miss Sue
- Eaddy Mays como Elaine
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
- 2009: Oscar: Mellor actriz (Sandra Bullock). 2 nomeamentos: filme e actriz.
- 2009: Globo de Ouro: Mellor actriz - drama (Sandra Bullock).
- 2009: Critics' Choice Awards: Mellor actriz (Sandra Bullock). 2 nomeamentos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "The Blind Side Box Office". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xuño de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Un soño posible na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)