Tevatrón é o nome que recibe o acelerador de partículas do Fermilab, operativo entre 1987 e 2011.[1] A instalación, que albergaba a varias centenas de investigadores, facía colidir protóns e antiprotóns.
O Tevatrón e os seus dous experimentos, o DZero e o CDF, saltaron á fama no 1995 coa descuberta do quark top (quark cume), a partícula fundamental máis pesada entre as coñecidas.
O comezo do seu apagado coincidiu coa posta en marcha do moito máis potente acelerador de partículasLHC no CERN, que en certo xeito viu substituílo.
Cos seus datos, no 2021 contribuiu ó descubrimento dunha nova partícula, o odderon, cruzando datos de DZero co experimento TOTEM do CERN. En ambos casos usáronse choques elásticos (é dicir, sen disgregación das partículas iniciais nos choques) para obter datos.[1]