Testa (botánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En Botánica, a testa é a máis externa das dúas camadas que constitúen o episperma ou tegumento que arrodea a semente das plantas espermatófitas. A camada máis interna denomínase tegme. A testa deriva dun dos tegumentos do óvulo: a primina. A testa é usualmente de consistencia dura e resistente. A súa función é a de protexer a semente da contorna. Algunhas semenetes forman proxeccións da testa que favorecen a absorción de auga no intre da xerminación ou que actúan coma protección suplementaria. En case todas as sementes, o micrópilo a través do cal penetrara o tubo polínico no óvulo, persiste en forma dun pequeno buraco da testa. Nas anxiospermas, un funículo une a semente á placenta polo interior da parede do froito. Ao retirar a semente fica unha cicatriz miúda ou fío que sinala o punto de inserción do funículo.[1] Nalgunhas ximnospermas, coma o Ginkgo e os Cycas, a testa das sementes presenta unha consistencia mol e carnosa e se denomina «sarcotesta», e , envolvendo o endosperma co embrión, a máis interna chamada «sclerotesta». A sarcotesta pode estar vascularizada e presentar óleos ou botar cheiros a ácido butírico, coma no caso do Ginkgo biloba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Botánica. El embrión y la semilla. Consultado el 9 de julio de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Font Quer, P. (1982). Diccionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. A. 84-335-5804-8. 
  • Parodi, L.R. 1987. Gramíneas. En: Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Segundo Volume. Descrición de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires, PP: 1112.
  • Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.