O sismo provocou caos na poboación, que fuxiu por temor a un tsunami, que foi descartado de maneira tallante inmediatamente despois do tremor.[1][2] O sismo ademais provocou enormes estragos en distintas vivendas.
Foi un dos tremores máis fortes no país dende 1755, cando un terremoto de 8,5 graos con epicentro en Lisboa fundou Isla Cristina e provocou un gran tsunami que chegou mesmo ás costas do Brasil. Ademais en abril de 2010 un sismo de igual magnitude, 6,2 na escala de Richter, sacudiu Andalucía.