Terra de Van Diemen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Terra de Van Diemen foi o primeiro nome que os europeos deron á illa de Tasmania, hoxe parte de Australia. O explorador holandés Abel Tasman foi o primeiro europeo en explorar Tasmania, á que chamou Anthoonij van Diemenslandt en honra de Antonio van Diemen, gobernador xeral da Compañía Holandesa das Indias Orientais que promoveu a expedición de Tasman pola rexión (1642-1643).

En 1803, a illa foi colonizada polos británicos como colonia penal co nome de Terra de Van Diemen. Foi rebautizada como Tasmania en 1856.