Saltar ao contido

Teresa Martínez Randulfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Martínez Randulfe
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiÁngel Martínez Doval Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Martínez Randulfe
Fernando Martínez Randulfe Editar o valor en Wikidata


Teresa Martínez Randulfe, nada en Ourense, é unha diplomática galega de nacionalidade costarriqueña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Ángel Martínez Doval, trasladouse a Madrid a estudar Filosofía e Letras. Alí coñeceu o seu home, o enxeñeiro costarriqueño Guillermo Constenla. Despois de viviren en distintos países europeos en 1987 instalouse en Costa Rica, onde se afiliou ao Partido de Liberación Nacional, un partido político local de tendencia socialdemócrata. Na formación desenvolveu distintos labores, ata que en 1986 asesorou o seu líder, Óscar Arias, na campaña presidencial.

Logo da vitoria de Arias neses comicios, Teresa Martínez Randulfe foi nomeada embaixadora de Costa Rica en España, mentres que o seu home era elevado ao cargo de ministro de Obras Públicas e Transportes. Ocupou ese cargo ata 1990.

Divorciada, en 1999 foi acusada da extorsión polo seu home,[1] pero saíu absolta. Con todo a sentenza foi anulada e reabriuse o caso en 2002, co mesmo resultado.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  • Medalla ao Mérito Civil, de España.
  • Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ten dúas fillas. É a menor de sete irmáns, entre eles os avogados e políticos galegos Manuel Martínez Randulfe (PPdeG) e Fernando Martínez Randulfe (Esquerda Galega).