Teoría da guerra xusta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Teoría da guerra xusta parte da idea de que é posible loitar unha guerra de maneira xusta se se cumpren as condicións necesarias para el, como máis adiante veremos. A tradición teórica ten a súa orixe en pensadores vencellados á teoloxía política cristiá. Porén, na actualidade os seus desenvolvementos son maioritariamente laicos. Ao contrario que outras concepcións coma o belicismo ou pacifismo, que consideran xusta ou inxusta a guerra en si; e fronte ás realistas, que consideran a guerra non susceptible de ser avaliada moralmente, a Teoría da guerra xusta considera a guerra avaliable moralmente e procura os criterios morais para limitala. Aínda que naceu como concepto teolóxico-político, hoxe considerase un elemento central no marco teórico do derecho internaciona teoricos políticos como Rawls (1993) desenvolveron os criterios que se manexan a día de hoxe. O seu proposito e regular o dereito á guerra, na guerra e despois da guerra. Evalua

  1. se a guerra en xeral pode ser lícita;
  2. e se se cumpren ou garanten as condicións requiridas.

A Teoría da guerra xusta considera que a guerra pode estar xustificada en dous sentidos, un restrinxido e outro amplo. Este último, podería ser abordado dende posicións consecuencialistas que consideren a paz un valor instrínseco, deste xeito defenderán a guerra nos casos nos que esta sirva como instrumento para acadar un maior de paz. O sentido restrinxido, ten un carácter deontolóxico posto que considera catro dimensións para avaliar a lexitimidade ou a non lexitimidade da guerra:

  • A causa (Ius ad bellum)
  • O modo (Ius in bellum)
  • O que acontecerá tras a guerra (Ius post bellum)
  • O como se sae da guerra (Ius ex bellum)

Algunhas posicións, do Ius in bellum, dentro da Teoría da guerra xusta consideran que as guerras so poden ser xustas se son defensivas. Porén, outras defenden que hai un continuo entre guerra defensiva e guerra de intervención, de xeito que ante unha ameaza ou unha violación dos dereitos humanos estaría xustificada o emprego da guerra como último recurso.

Ius ad bellum[editar | editar a fonte]

A posición Ius ad bellum presenta seis condicións para a guerra xusta: 1) boa intención, 2) a autoridade competente, 3) a causa xusta, 4) último recurso, 5) probabilidade de suceso e 6) a xusta proporcionalidade.

O Ius ad bellum normalmente é considerado como parte das “leis da guerra”, pero o termo tamén pode facer referencia ao Ius in bello.

O acordo internacional limita a xustificación para a declaración de guerra dun país a outro mediante o Ius ad bellum, engadido aos pactos de non-agresión internacional. Durante o século XX, establecéronse tratos multilaterais en relación coas novas restricións que implica a guerra. Algúns dos exemplos máis destacados son: Nuremberg Charter, definindo a importancia de xulgar os crimes de guerra tras acadar a paz; por outra banda, está a Carta das Nacións Unidas, que atopou unha solución de carácter pacífico ás disputas mediante a constitución da ONU.

En contraposición, atopamos acordos que delimitan o que se considera unha conduta aceptábel durante o transcurso da guerra, aludindo ás “regras da guerra” que, á súa vez, fan referencia ao Ius in bello. As medidas levadas a cabo para a proteción dos civís durante a guerra, ou da proporcionalidade da forza empregada, forman parte dos problemas da conduta en tempos de paz, pero estas mesmas medidas poden ser clarificadoras á hora de determinar que é legal ou ilegal de cara a guerra.

Principios da Ius ad bellum[editar | editar a fonte]

1. Autoridade apropiada e declaración pública

O principio da autoridade apropiada consiste en que a guerra é tan só xusta se está sustentada por unha autoridade lexítima.

A autoridade apropiada é o que diferenza guerra do asasinato. O soldado é tratado coma un prisioneiro de guerra e non coma un criminal porque estivera actuando baixo o poder da autoridade do estado que non pode individualizarse e convertilo en repsonsábel das accións cometidas baixo ás ordes do poder militar.

2. Causa xusta / intención correcta

De acordo co principio da intención correcta, o obxectivo da guerra non debe ser perseguir os intereses nacionais definidos, en cambio si debe ser o restablecemento da paz. Nun estado de paz, as condicións preferibéis son aquelas dadas nunha situación na que non se da a guerra. Deste xeito, as guerras non poden formarse para anexionar novos territorios ou instaurar un cambio dentro do réxime establecido. As doutrinas de “autodefensa anticipada”, comunmente chamadas Doutrina de Bush, modifican os coneptos de correcta intención e causa xusta. Este último incluiría a intervención humana, concretamente cando as accións “shock the conscience”.

3. Probabiliade dos sucesos

En relación con este principio, debe haber motivos de peso para concluír que os obxectivos da guerra son plausibles. Isto enfatiza que a violencia masiva non debe ser exercida si esta é desafortunada co cumprimento da causa xusta. Este criterio é para evitar a invasión inxustificada. Un non pode invadir se non hai oportunidades de gañar. De todas formas, as guerras son lidiadas cun coñecemento imperfecto, polo que a todo o mundo parécelle viable acadar a vitoria; xa que non hai forma de sabelo con certeza. Isto, trasládanos do plano moral e teórico ao práctico e pragmático.

4. Proporcionalidade

O principio de propocionalidade establece que a violencia usada na guerra, debe ser propocional aos obxectivos militares. Así mesmo, o nivel da vitoria militar, debe ser proporcional ao nivel de distribución que xera. Por exemplo, se un inimigo, ataca unha praza con 400 civís, non sería proporcional reconstruír a praza.

5. Último recurso

Este principio estipula que todas as opcións non violentas, deben previamente ser agotadas antes de que o uso da forza poida ser xustificado. Opcións diplomáticas, sanacións e outros métodos non militares deben establecer regras antes de rematar cas hostilidades.

Con respecto a boa intención, focalízase na defensa de dereitos especialmente o da vida, a liberdade individual e a liberdade política das comunidades. Guerra inxusta sería aquela que atenta contra pobos invadidos, como a soberanía do Estado. O problema aquí é que non se poden saber os intereses de primeira man, senón que estes son con frecuencia ocultados estratexicamente (Elisabeth Anscombe).

Por iso, fan falta outros criterios para garantir a guerra xusta. A autoridade competente sería aquela que sustenta o poder lexítimo da legalidade do seu Estado. A guerra, efectuada xustamente, sería a extensión por parte desta autoridade da súa legalidade a outros países. Isto pode ser criticado por posicións anarquistas e marxistas que entenden ao Estado como entidade opresiva.

A causa xusta para estender este poder sería haber esgotado previamente todos os demais posíbeis medios de defensa de dereitos. Segundo Walzer, a guerra non está xustificada cando é forzada por outros axentes. As comunidades teñen dereito a manter as súas institucións políticas que constitúen libremente, a mantelas e a vivir segundo elas sen interferencia agresiva do exterior. O principio de non intervención pode ser defendido para cuestionar a lexitimidade dos conflitos armados nos que participan entidades alleas á propia comunidade da que se trata. Aínda así, isto pode non estar tan claro cando o Estado lexítimo viola dereitos humanos considerados fundamentais.

Outro criterio para que a guerra poida ser xusta, remite ao criterio da probabilidade de suceso. Este fai referencia á xustificación da guerra cando esta pode evitar posibles catástrofes futuras. Se as consecuencias da guerra orixinan máis beneficios que custos, a guerra está xustificada.

Asúmese que a guerra non é xusta se se sabe, por parte dun bando, que non é posíbel gañala. Porén, este criterio prudencial pode premiar aos Estados agresores máis poderosos. Referíndonos ao principio da xusta proporcionalidade antes de recorrer á guerra haberá que sopesar se esta pagará a pena en relación aos obxectivos buscados e o benestar resultante.

Ius in bello[editar | editar a fonte]

O Ius in bello é un termo utilizado para referirse a rama do dereito que define as prácticas aceptables en caso de practicar a guerra. Son unha serie de “regras de xogo” aplicables a ambas partes do conflito. Estes dereitos son independentes das causas e dos motivos que propician a guerra; un exemplo disto son as Convencións de Xenebra. Aínda que todo exército esta lexitimado ao uso da forza para acadar a vitoria, hai certas formas de causar danos que non están permitidas. É o caso de, por exemplo, a violencia empregada contra a poboación civil, ou a restrición de certo tipo de armamento.

Estas restricións axudan a minimizar o sufrimento na guerra, ademais de garantir a seguridade de quen non forma parte do conflito. Neste sentido, requírese que os axentes que fan a guerra sexan responsables das súas accións. Cando un axente combatente viola estes dereitos non esta incurrindo nun acto de guerra, se non  de asasinato. Isto implica que, se por exemplo, un soldado obedece unha orde que el sabe que vai en contra destes dereitos, é certamente responsable das consecuencias que ela ten e pode ser xulgado polos tribunais compostos para salvagardar estes dereitos.

  • Distinción: esta teoría debe rexirse polo principio de distinción. Os actos de guerra deben darse contra ós combatentes inimigos, e non a os non combatentes. Os actos non lexitimados inclúen atacar áreas residenciales civís que no inclúen obxectivos militares. Ademais, ós combatentes non se lles deixa bombardear ós militares inimigos que se renderon ou que foron atrapados ou que están danados e que non presentan unha ameaza real inmediata ou que se lanzan en paracaídas dende un avión discapacitado (agás as forzas aerotransportadas ) ou que están naufragados.
  • Proporcionalidade: a conduta da Ius in bello debe gobernarse polo principio da proporcionalidade. Os combatentes deben asegurarse de que os prexuízos, causados a civís ou propiedades civís, non sexan excesivos en relación coa vantaxe militar concreta e directa, anticipada por un ataque a un obxectivo militar lexítimo . Este principio pretende discernir o equilibrio correcto entre a delimitación imposta por unha medida correctiva e a gravidade da natureza dun acto non lexítimo.
  • Necesidade militar: a conduta de guerra xusta debe ser rexida polo principio da necesidade militar. Un ataque ou acción debe estar destinado a axudar na derrota do inimigo; debe ser un ataque contra un obxectivo militar lexítimo, e o dano causado a civís ou propiedade civil debe ser proporcional e non excesivo en relación coa vantaxe militar concreta e directa anticipada. Este principio está destinado a limitar a morte e destrución excesiva e innecesaria.
  • Trato xusto aos prisioneiros de guerra: os combatentes inimigos que se renderon ou que son capturados, xa non representan unha ameaza. Por tanto, é un erro torturalos ou maltratalos.

A concepción Ius in bello é normativamente deontolóxica xa que parte do mala in se, é dicir, que hai cousas malas de por si mesmas. Ocúpase da xustiza do combate nunha guerra e dos medios que nel se empregan. Está orientado a cuestións estratéxicas e tácticas, así como os límites morais do acto de matar cá cuestión políticas.

Esta postura parte de que todos os combatintes nunha guerra son moralmente iguais ten sido defendida como unha característica desta postura, aínda que hai desacordo pois, por exemplo, Jeff McMahan, que fronte a Walzer defende que só o soldado que combate por unha causa xusta ten o dereito a matar. Isto implica problemas pois o que é xusto ou inxusto dependerá das concepcións que se teñan sobre o tema, de tal xeito que nunha guerra ambos bandos pensaran como xusta a causa propia e como inxusta a causa do bando contrario.

Na guerra xusta ten que haber un pricipio de proporcionalidade e un principio de discriminación. O primeiro di que a violencia debe ser reducida ao mínimo necesario para acadar os obexctivos miltares propostos así como prohibir o uso de armas nucleares, biolóxicas ou químicas.

O principio de discriminación distingue entre quen poden sufrir a guerra. Nagel e Walzer postulan a inmunidade dos non-combatentes. O dereito a inmunidade e a non ser atacado e universal de tal modo que o soldado pérdeo ao poder matar a outros ou ser matado el mesmo. Porén, a perda deste dereito ben dada polos acontecementos propios da guerra de tal xeito que o soldado non será visto como un criminal.

Nas guerras son os soldados os que adoitan ser, en maior medida, obxecto de comportamento hostil. Pero este pode estar xusticado sen menospreciar a súa dignidade como persoas, pois ó fin e ao cabo son eles os que van armados e que ocasionan as baixas do bando contrario. Pola contra, matar a un civil intencionalmente é un crime inxustificado. Pola contra, se os civil está implicado na guerra, ben sexa por exemplo, por financiar algún bando ou posuír algún tipo de industria de guerra, o ataque entón si estaría xustificado. O soldado forma parte do conflito como soldado e non como persoa. Isto tense que facer ver no momento en que remate a guerra e poida tornar á súa vida como civil.

Na guerra é máis que probable que quen non combate remate morto. Para identificar as condicións nas que as mortes dos non-combatentes son lexítimas aplícase a doutrina do duplo efecto (DDE) proposta por Tomé de Aquino. De acordo con ela, unha acción só é lexítima (1) se a acción foi boa en si mesma; (2) se a intención do axente foi boa, entendendo por boa que non desexou efectos negativos dela; (3) se os efectos negativos que se deriven da acción sérvenlle para obter os seus fins; (4) se os efectos benéficos da acción superan e compensan os efectos negativos da mesma.

Como crítica á concepción Ius in bellum do xusto e o inxusto na guerra, McMahan cuestiona a distinción entre Ius ad bellum e Ius in bellum. Pois considera que se as causas da guerra son inxustas, aínda que se sigan as prescripcións morais —propias do Ius in bellum—, o conflito sería ilexítimo.

Pon en dúbida o concepto de igualdade moral entre os contendentes dunha guerra. Se a causa dun deles é inxusta, podería ser suxeito dun ataque lexítimo, mais no feito de combater, non ten o mesmo dereito de quen loita por unha causa xusta. Polo tanto, os principios Ius in bellum só poderían ser correctos se o son tamén respecto ás prescripcións Ius ad bellum.

Por último, McMahan considera que o que se debe valorar nos obxectos susceptibles de ataque é a súa ameaza real, e non se pertencen a exércitos ou se son civís.

Ius post bellum[editar | editar a fonte]

Ius post bellum (en latín "xustiza após a guerra") é un concepto que fai referencia á moralidade no momento posterior á guerra. Ante a división tradicional entre Ius ad bellum e Ius in bello, recentes estudos teñen introducido unha nova conta de acción permisible a posteriori.[1] Aínda que aparecen outros conceptos como Ius ex bello ou Ius terminatio, como enfoque independente no que concirne á saída do conflito bélico.[2]

A idea pódese rastrexar a nivel histórico dentro do eido da guerra xusta.[3] O problema reside na propia definición do concepto dependente do campo no que se debata, por poñer un exemplo, nos estudos de dereito internacional non se adoita empregar de xeito total como categoría independente, namentres que na filosofía política adoita ser considerada na súa totalidade.[4] Isto afecta por tanto ao concepto e a súa utilidade, dependendo se o tratamos de xeito moral ou legal.

Así a nivel legal non se comprende demasiado cal pode ser a súa utilidade, tendo por tanto, máis repercusión no ámbito moral. Por unha banda, proporciona termos para o fin da guerra (por exemplo, na reivindicación dos dereitos dunha comunidade política, xa que a continuación da guerra poderíase considerar un acto de agresión) ou a consecución de tratados de paz. Por outra banda, no que respecta aos derrotados, dá unha serie de directrices para a reconstrución política e a limitación das esixencias aos mesmos.[5]

O referente adoita ser considerado Brian Orend, por ser o iniciador do propio debate. Este xorde como resposta ao que entendía coma unha discusión incompleta, xa que se comprendíase sómente a moralidade do uso da forza (Ius ad bellum) e a moralidade na propia conduta da mesma (Ius in bello). Coma rastro orixinario dunha división tripartita pódese albiscar nos textos sobre o conflito armado de Inmanuel Kant.[6]

Aínda que esta teoría en cómputo global está ignorada, as consecuencias da segunda guerra mundial e as consecuencias sobre os Estados derrotados déronlle un novo pulo, sobre todo polas no referente as repercusións de tipo humanitario.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bass, G. J. (2004). "Just Post Bellum". Philosophy and Public Affairs 4 (32): 384–412. 
  2. Moellendorf, D. (2008). "Just Ex Bello". Journal of Political Philosophy 2 (16): 123–36. 
  3. Orend, B. (2000). "Just Post Bellum". Journal of Political Philosophy 1 (31): 117–37. 
  4. Cryer, Robert (2012). "Law and the Jus Post Bellum" in Morality, Jus Post Bellum, and International Law. Ed. Cambridge Core, London, pp. 223–249.
  5. Rodin, D. (2008). “Two Emerging Issues of Jus Post Bellum: War Termination and the Liability of Soldiers for Crimes of Aggression”, in Jus Post Bellum: Towards a Law of Transition from Conflict to Peace, Carsten Stahn and Jann K. Kleffner (eds), The Hague: T.M.C. Asser Press, pp. 53–76.
  6. Orend, Brian (2004). "Kant's Ethics of War and Peace". Journal of Military Ethics. 3(2), 161–177.
  7. Costa, F. (2013). “Guerra e terrorismo” en Cardoso Rosas, J. (org.), Manual de Filosofía Política, Ed. Almedina, pp. 266-268.