Teodoro González de Zárate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teodoro González de Zárate
Nacemento9 de novembro de 1882
 Vitoria
Falecemento31 de marzo de 1937
 sen etiquetar
CausaFusilamento
SoterradoCemetery of Santa Isabel, Vitoria-Gasteiz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e emprendedor
editar datos en Wikidata ]

Teodoro González de Zárate, nado en Vitoria o 9 de novembro de 1882, e finado o 31 de marzo de 1937, foi un político do País Vasco, que chegou a ser alcalde de Vitoria e foi executado polas tropas franquistas durante a Guerra Civil.[1][2][3][4]

Teodoro González formou parte do Partido Republicano Autónomo Alavés (PRA), de Acción Republicana e, finalmente, de Esquerda Republicana. Nas eleccións municipais de 1931 que deron lugar á proclamación da República, foi elixido concelleiro pero, tras anularse os comicios en Vitoria, volveu presentarse coa conxunción republicano-socialista para as eleccións parciais de maio, onde de novo foi elixido xunto a outros dezaoito membros da candidatura. Despois foi elixido alcalde, cargo que ocupou até 1934 en que foi destituído polo goberno cedista polos sucesos revolucionarios de outubro. Reposto no seu cargo en 1936 coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións xerais, mantívose leal ao goberno da República ao producirse o golpe de estado que deu lugar á Guerra Civil.

Detido tras a ocupación da cidade polas tropas sublevadas, foi sacado do cárcere provincial de Áraba, trasladado en camión, confesado "no medio dun estupor de agonía" e executado por un grupo de falanxistas provenientes de Donostia xunto a outro quince detidos no porto de Azazeta, á beira da estrada que conduce de Vitoria a Lizarra. As execucións foron ordenadas persoalmente polo xeneral Emilio Mola. Dentro dos fusilamentos no País Vasco durante a guerra, é considerado o que máis impacto produciu na poboación.[5]

Notas[editar | editar a fonte]