Saltar ao contido

Tenemos que hablar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tenemos que hablar
 Instancia de
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Presentador/a
Organizacións
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
4 de marzo de 2013 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
14 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Número de episodios72 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Facebook: tenemosquehablartve Twitter: TQH_tve Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Tenemos que hablar foi un programa de televisión presentado por Ana García Lozano. Emitiuse desde o 4 de marzo[1] ata o 14 de xuño de 2013[2] de luns a venres de 18:30 a 19:30 en La 1 de Televisión Española.

Tenemos que hablar estreouse o luns 4 de marzo de 2013 ás 18:30. O programa substituíu os primeiros sesenta minutos do programa +Gente, que acurtou a súa duración unha hora debido aos seus baixos datos de audiencia.[3] Desde o 27 ata o 31 de maio do mesmo ano, Tenemos que hablar pasou a emitirse desde as 19:20 ata as 20:20 horas debido aos seus discretos datos de audiencia. Aínda así, á semana seguinte recuperou o seu horario anterior ao empeorar os seus rexistros de audiencia. Finalmente, malia os esforzos da cadea pública por revitalizar a tarde de La 1, o talk show de Ana García Lozano despediuse o 14 de xuño de 2013 tras non enganchar á audiencia.[2]

O programa é un talk show que aborda cuestións e temas de actualidade contados en primeira persoa polos participantes. Conta cunha serie de colaboradores[4] para tratar algúns dos temas, dos cales están presentes dous cada día, un cun perfil máis técnico e outro máis psicolóxico:

Ao comezo de cada programa, tras unha presentación en imaxes, analízase con eles o tema en profundidade. Ademais, durante o espazo, opinan e orientan aos invitados que o requiran. Trátase dun programa de participación aberta, no que se require a participación tanto do público do estudo como os espectadores para elixir a noticia do día como para saber a súa opinión. Así, no programa tamén ten o seu oco a experiencia dos usuarios, que poden contar a súa propia historia, propoñer temas e suxerir invitados afectados polos asuntos que se traten.

Audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
EspectadoresCota
1 72 4 de marzo de 2013 14 de xuño de 2013 492.000 5,1%
  1. "Fecha de comienzo de emisiones para '"Tenemos que hablar"" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
  2. 1 2 La 1 cancela 'TQH' desde este viernes (en castelán)
  3. "Nuevo "talk show" para las tarde de la 1" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
  4. "Presentación de "Tenemos que hablar"" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]