Templo de Atenea Alea en Texea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Restos do templo en Texea

O Templo de Atenea Alea estaba situado na cidade de Texea, na Arcadia.

Atenea Alea era a principal divindade local e diferentes templos foron construídos na cidade na súa honra, o derradeiro foi comezado en torno o ano -340.

Construción[editar | editar a fonte]

Foi construído por Skopas pouco despois de rematar as esculturas do Mausoleo de Halicarnaso, Skopas tamén era escultor e encargouse de realizar os frontóns do templo; neles representábase a Aquiles e a Télefo loitando e máis a caza do xabarín calidonio por Atlanta.

O templo media 47,52 X 19,16 metros e a altura das súas columnas estaría sobre os nove metros, dúas ramplas de similar tamaño permitían o acceso á fachada leste e a unha gran porta na fachada norte a cal comunicaría o templo co recinto sagrado próximo. No interior atopábanse unha serie de columnas corintias acaroadas ós muros, de capiteis moi baixos e con columnas xónicas superpostas.

Restos na actualidade[editar | editar a fonte]

Na actualidade os restos que se conservan son moi escasos, xa que un terremoto no século VI derrubou o edificio e posteriormente construíuse sobre as ruínas unha igrexa bizantina. No espazo que ocupaba quedan os cimentos e anacos das súas partes altas e columnas. Por mor ds súa mala conservación é moi difícil o seu estudo.