Saltar ao contido

Televigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Televigo
 Instancia de
 Lingua usada
Datas e cronoloxía
 Fundación
18 de abril de 1995 Editar o valor en Wikidata
 Disolución
30 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Televigo foi a primeira televisión local con sede en Vigo. Nada en 1995, era propiedade da sociedade Tranvías Eléctricos de Vigo, e non tiña relación con ningún outro grupo de comunicación local. Televigo emitía sen licenza[1], a través da Televisión Dixital Terrestre, TDT, dende o día 12 de maio na canle 32.

En marzo de 2011 anova a súa páxina web, cunha interface moito máis moderna e coa posibilidade de ver a canle en directo ou recuperar algúns dos programas en diferido.

Interrompeu as emisións o 10 de outubro de 2014. O 1 de decembro do mesmo ano retomou as emisións co nome provisional de La Tele de Vigo para despois volver adoptar o nome orixinal o 18 de marzo de 2015, o 30 de setembro dese ano pecha definitivamente as súas emisións. En 2017 a marca Televigo foi comprada polo grupo Radio Vigo, dono de Localia Vigo. Así, a que fora a súa única competidora absorbeu a marca e pasou a chamarse Localia Televigo.

Programación

[editar | editar a fonte]

Contaba con programas como:

  • Diálogos con el alcalde
  • 8 y medio
  • 60 minutos
  • Á sombra da oliveira
  • Viajeros
  • Peloteando.com
  • Diga lo que quiera (patrocinado polo concello de Vigo)
  • Sete días
  • Son TV
  • Viajeros

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]