Telenovela brasileira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A telenovela brasileira refírese á contribuición do Brasil na produción e emisión de novelas dende a súa asimilación na década de 1950, até o presente. Sua Vida Me Pertence, escrita e dirixida por Walter Forster, e emitida pola canle extinta TV Tupi São Paulo entre o 21 de decembro de 1951 até o 15 de febreiro de 1952, foi a primeira do xénero, non só no Brasil, senón en todo o mundo.[1][2]

As telenovelas adoitan ser tratadas como "obras abertas", xa que o seu argumento pode ser alterado para concordar cos gustos e os desexos do público que as consome. Emitidas nas redes nacionais de televisión, na súa maioría de sinal aberto, as telenovelas brasileiras acostuman ter os seus dereitos de exhibición vendidos para diversos outros países. Dixiridas inicialmente para o entretemento, algunhas novelas tamén incluíron temas polémicos e cuestións de responsabilidade social nas súas historias. A telenovela Explode Coração, escrita por Glória Perez e emitida por Rede Globo en 1995, por exemplo, abordou a desaparición de nenos,[3] e Chamas da Vida, escrita por Cristianne Fridman e emitida por Rede Record entre metade de 2008 e comezos de 2009, abordou a cuestión da pedofilia.[4]

As novelas brasileiras son os programas máis vistos por todos os segmentos de sexo e faixas de idade. A clasificación feita polo Ibope, amosa que o xénero máis visto por homes na televisión aberta, en todo o país, por exemplo, son as telenovelas. A audiencia das novelas entre as mulleres, porén, é case o dobre do que entre os homes. Entre os nenos, teñen máis do dobre da audiencia dos programas infantís.[5]

Un estudo feito por Kantar Ibope publicada en outubro de 2015, sinalou que as telenovelas aínda son os contidos preferidos dos latinos na televisión. O estudo amosa que o xénero é o preferido entre o público no Brasil, Panamá, o Uruguai e o Paraguai, o instituto tomou como base para a pescuda, os seus dados de audiencia en 11 países da América Latina, cun universo de 135,5 millóns de espectadores.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redação NaTelinha (21 de decembro de 2011). "Primeira novela brasileira completa hoje sessenta anos". UOL (en portugués). NaTelinha. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 16 de maio de 2012. 
  2. "Qual foi a primeira telenovela brasileira? - Mundo Estranho". 18 de abril de 2011. 
  3. "Memória Globo - Explode Coração". Memória Globo (en portugués). Globo.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013. Consultado o 16 de maio de 2012. 
  4. Marcela Fonseca (15 de xullo de 2008). "Bombeiros estão "empolgadaços" com novela, diz Leonardo Bricio". Folha.com (en portugués). Consultado o 16 de maio de 2012. 
  5. Daniel Castro. "Homem assiste mais novela do que futebol; jornalismo perde força". Notícias da TV (en portugués). Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  6. "Estudo aponta que novela ainda é a atração preferida dos latinos na TV – TV Foco". otvfoco.com.br. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.