Teixeu de Ancares
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Concello | Val de Ancares | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24433 | |||
Teixeu de Ancares (Tejedo de Ancares en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 25 habitantes;[1] do mesmo xeito ca os demais lugares do val do Ancares sufriu despoboamento pola emigración a áreas máis prosperas. A lingua que falan os habitantes de Teixeo de Ancares é un dialecto do galego chamado ancarés[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A arquitectura é coma a das demais vilas dos Ancares: carázterizase pola cachotaría e a lousa. Teixeo de Ancares posúe unha ponte medieval á entrada, xunto o cal se levanta un vello muíño hidráulico tradicional recentemente restaurado.Tamén posúe un antigo forno tamén restaurado e unha igrexa de estilo tradicional ancarés[3].
Nos arredores atópase unha fervenza rodeada de castiñeiros centenarios que é a principal atracción. Tamén se acha nos arredores os restos dunha antiga ferraría que foi nos seus tempos tan famosa como a ferraría de Compludo ao sur do Bierzo. Preto da ferraría atópase a Ermida de Santa Madalena, a patroa[3].
Festas
[editar | editar a fonte]A principal festa é a romaría á ermida de Santa Madalena que se celebra o último domingo de xullo[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Contorna natural.
-
Casa tradicional.
-
Edificio con arquitectura tradicional.]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2013.
- ↑ Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Candin.ccbierzo.net". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2013.