Teens of Style
Teens of Style | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Car Seat Headrest | ||||
Publicado | 30 de outubro de 2015 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Teens of Style é o noveno álbum da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 30 de outubro de 2015.[1] Foi o seu primeiro disco gravado para Matador Records. Creado como un recompilatorio introductorio para novos oíntes, está formado por versións reelaboradas de temas do grupo editados orixinalmente entre 2010 e 2012, coa adición dunha nova composición.
Antecedentes e gravación
[editar | editar a fonte]Na descrición do video musical de "No Passion" defínese Teens of Style é unha colección de vellas cancións de Car Seat Headrest regravadas en 2015 para facer un novo lanzamento ampliado sonoramente.[2]
En outubro de 2015 Will Toledo dixo nunha á revista Interview, "Cando gravei orixinalmente as cancións, non creo que as considerase as versións finais, [...] Só foron autogravadas e quería facelas correctamente nalgún momento".[3]
Falando con Stereogum, Toledo comentou: "Tiven a idea durante un tempo, incluso cando as estaba gravando orixinalmente; parecía o mellor que podía facer nese momento, en lugar de algo co que sería feliz para sempre. Iso era parte do atractivo dos álbums dixitais, que podían sentirse menos ‘oficiais’, e eu podería meterme con eles moito despois da súa data de lanzamento técnico".[4]
Entre os intérpretes da gravación inclúense a formación da banda ao vivo na época na que Car Seat Headrest fichou por Matador; Andrew Katz na batería e Jacob Bloom no baixo.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Sunburned Shirts" (de My Back Is Killing Me Baby) | 4:05 |
2. | "The Drum" (de My Back Is Killing Me Baby) | 3:57 |
3. | "Something Soon" (de My Back Is Killing Me Baby) | 4:20 |
4. | "No Passion" (de My Back Is Killing Me Baby) | 2:50 |
5. | "Times to Die" (de Monomania) | 6:50 |
6. | "psst, teenagers, take off your clo" (de 3) | 1:00 |
7. | "Strangers" (de My Back Is Killing Me Baby) | 5:39 |
8. | "Maud Gone" (de Monomania) | 5:58 |
9. | "Los Borrachos (I Don't Have Any Hope Left, But the Weather is Nice)" (de Monomania) | 6:23 |
10. | "Bad Role Models, Old Idols Exhumed (psst, teenagers, put your clothes back o)" | 1:54 |
11. | "Oh! Starving" (de 3 e Starving While Living) | 3:51 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teens Of Style, by Car Seat Headrest". Car Seat Headrest (en inglés). Consultado o 2023-10-15.
- ↑ "Car Seat Headrest - No Passion (2015)". Consultado o 2023-10-15.
- ↑ "Discovery: Car Seat Headrest". Interview Magazine (en inglés). 2015-10-30. Consultado o 2023-10-15.
- ↑ "Band To Watch: Car Seat Headrest". Stereogum (en inglés). 2015-09-01. Consultado o 2023-10-15.