Tecktonik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Tecktonik.

Tecktonik, ás veces abreviado TCK, é un movemento cultural centrado na música de baile.

Historia[editar | editar a fonte]

O movemento tecktonik nace en París en 2002, a partir dunhas batallas de baile organizadas pola promotora musical Tecktonik, que é unha marca rexistrada. A produtora, promovida por Cyril Blanc e Alexandre Barouzdin decidiu organizar concursos de baile baseados en enfrontamentos duais ou por grupos na discoteca Metropolis de París. A música tomada como base era hardstyle, unha variante da música de dance europea.

O éxito da convocatoria levou a que o termo tecktonik pasase de referirse unicamente a esas competicións concretas, a designar un movemento cultural que abrangue música, baile, moda, unha bebida e comportamento, e que ten o seu epicentro en Francia e a súa difusión internacional a través de vídeos en Internet. Porén, e ao mesmo tempo, tecktonik segue sendo un termo rexistrado, e non se pode empregar libremente sen solicitarllo (e pagar, se for o caso), á produtora.

Música[editar | editar a fonte]

Entre os músicos máis destacados do fenómeno tecktonik poden nomearse Dim Chris, RV. B, Deepack, Max B. Grant, Miss Hiroko, Kevin Tandarsen, DJ Antoine, DJ Fozzie Bear e Yelle.

Baile[editar | editar a fonte]

A coreografía é individual e de carácter vertical (o bailarín non se deita nin fai pinchacarneiros), e procura manter os pés no chan, aínda cando ás veces se inclúen elementos de patadas ao aire. O elemento característico é o xogo de brazos, con viraxes rápidas dos cóbados en todos os sentidos.

Moda[editar | editar a fonte]

O xeito de vestir do tecktonik toma elementos do dance tradicional (cores de neon e intensas, brillantes...), pero tamén do movemento emo: tirantes a cadros, chaquetas e pantalóns axustados, as cores negra e branca... O símbolo recorrente é o da marca Tecktonik: unha aguia coas ás despregadas e unha estrela de cinco puntas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]