Tebaida leonesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coñécese como Tebaida leonesa, situada ao sueste da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, na que se estableceron, a partir do século IV, numerosos dos primeiros ermitáns cristiáns buscando o retiro para dedicarse á oración e a meditación.

O nome, acuñado na época romántica, provén da similitude cos templos da antiga Tebas exipcia, tanto en cantidade coma en beleza e illamento, aínda que os desta fosen no deserto e estes se encontren rodeados dunha natureza exuberante.

Vista sobre o val do río Oza.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Abrangue os seguintes vales: Val do Oza, os vales de Compludo, Val de las Tejadas e Paradasolana, Val de Meruelo, Val do Real, Val de Montealegre (mosteiro de San Xoán de Montealegre) e outras aldeas próximas coma San Pedro Castañero no concello de Castropodame e as aldeas do sur do concello de Ponferrada que non atópanse no Val de Oza (Lombillo de Los Barrios, Salas de Los Barrios e Villar de los Barrios, Campo de Ponferrada, Otero de Ponferrada e San Lorenzo del Bierzo).

Ben de Interese Cultural[editar | editar a fonte]

Cova de San Xenadio, un dos principais ermitáns da Tebaida leonesa.

Segundo o Real Decreto 1244/1969 declarouse «paisaxe pintoresca» á chamada «Teibada leonesa». Posteriormente foi incluído no catálogo de Bens Inmobles de Interese Cultural como «Sitio histórico».

A chamada «Tebaida leonesa» é unha zona privilexiada da bisbarra do Bierzo tanto pola súa beleza natural coma polos seus valores históricos e artísticos. Encravada no Concello de San Esteban de Valdueza, na conca do río Oza, abrangue os termos das Entidades Menores de San Pedro de Montes e Santiago de Peñalba. Os picos da Peña del Águila, Fuentefría, El Collado, La Guiana, El Tesón, La Portillina, Alto de las Bardianas, Silla de la Yegua, el Corón e Anubleras forman o recinto, natural en que se asentaron dende tempos remotos a historia e a arte. Nestes lugares levantaron os primeiros astures un dos seus castros. No Val do Silencio, dunha impresionante grandeza, creou San Fructuoso no século VII un núcleo cultural ao que acudiron anacoretas dos centros onde máis brillante e esplendoroso era o saber visigótico isidoriano: a Bética, Toledo, Mérida... Fundou o santo leonés Compludo ou Cómpluto, rodeado por outros santuarios ou cenobios, repartidos pola rexión. Máis tarde chegou alí San Valerio, o recio escritor visigodo, que restaurou ruínas e edificou capelas, e logo San Xenadio, o bispo astorgano, fundador dunha comunidade que viviu florecente ata a exclaustración do século pasado. Froito de todo iso é o templo románico de San Pedro, do século XIII, e o de Santiago, do ano novecentos trece, exemplar mozárabe que chegou intacto ata os nosos días e que constitúe unha das xoias máis valiosas do tesouro artístico español. A paz e o sosego destes vales angostos, cubertos de árbores seculares e de evocadoras ruínas dos mosteiros do medievo, fan deste lugar unha singular paraxe de tradición e arte que debe ser conservada na súa primitiva beleza, preservándolle, mediante a pertinente declaración, de oportunistas alteracións que puidesen prexudicarlle.
BOE[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]