Teatro Filarmónico de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Teatro Filarmónico foi un teatro situado na Rúa Madalena da cidade Ferrol.

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras novas que se teñen da existencia do teatro datan de 1861 e as últimas de 1870 e dende 1867 estivo arrendado ao Liceo de Artesanos.[1] Neste teatro debutou a soprano ferrolá Carolina Casanova en 1863, cando Francisco Piñeiro era o seu director.[2]

O teatro contaba con dúas ordes de palcos, dúas gradarías (alta e baixa) e patio de butacas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Teatros. Teatro Filarmónico" (en castelán). Ferrol Antiguo. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  2. Puyol, Mercedes. "Carolina Casanova de Cepeda, una soprano ferrolana en el mundo de la ópera" (PDF). Ferrol Análisis: 69.