Teatro Alfonsetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teatro Alfonsetti
Interior do Teatro Alfonsetti.
CidadeBetanzos
PaísGalicia Galiza
Propiedade deConcello de Betanzos
Inauguración1882
Uso actualRepresentacións teatrais
Concertos
Cine

O Teatro Alfonsetti é un teatro situado no centro da localidade de Betanzos (Galiza). Foi inaugurado en 1882 e durante máis de cen anos funcionou como cine, chegando a converterse na sala de cine máis antiga de España.[1][2] Actualmente o teatro é de titularidade municipal, aínda que durante boa parte da súa historia estivo xestionado pola familia Pita, encargada da confección do famoso Globo de Betanzos.[1]

O teatro está situado nun inmoble no que se encontraba o antigo convento de San Domingos, onde tamén se encontran o Museo das Mariñas, o Arquivo e a biblioteca municipal.[1]

A finais de novembro de 2009 a sala sufriu un incendio que obrigou ao seu peche.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cedrón, María (12 de setembro de 2017). "El cine Alfonsetti de Betanzos se sumará al Museo das Mariñas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  2. Pérez, Antares (27 de xullo de 2015). "El Alfonsetti regresa a sus orígenes". La Opinión (en castelán). Consultado o dataacceso=23 de novembro de 2017. 
  3. Abelairas, Bea (30 de novembro de 2009). "El fuego calcina en Betanzos uno de los cines más antiguos de España". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2017.