Tassos Isaac
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 |
Morte | 11 de agosto de 1996 (23/24 anos) |
Causa da morte | homicidio, traumatismo físico |
Anastasios "Tassos" Isaac (en grego: Αναστάσιος "Τάσος" Ισαάκ), nado en 1972 e finado o 11 de agosto de 1996, foi un refuxiado grecochipriota que participou nunha manifestación civil contra a ocupación da parte norte da República de Chipre por parte da Turquía. O obxectivo da manifestación era a marcha completa das tropas turcas da illa, e a devolución ós refuxiados chipriotas os seus fogares. Foi asasinado por un grupo de Lobos Grises[1] na zona neutral das Nacións Unidas en Chipre. Isaac é considerado un heroe nacional en Chipre e en Grecia.
O funeral e as reaccións
[editar | editar a fonte]O funeral fíxose o 14 de agosto de 1996 e foi asistido por milleiros de persoas. As protestas após o funeral levaron ó asasinato do curmán de Isaac, Solomos Solomou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hri.org, ed. (11 de agosto de 1996). "DEMONSTRATIONS OF 11 AUGUST 1996". Consultado o 2 de decembro de 2013.