Tarsometatarso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esqueleto de pomba. O número 8 indica o tarsometatarsos esquerdo e dereito.

O tarsometatarso é un óso que só se encontra na extremidade inferior das aves e de certos dinosauros non aviarios.[1]

Está formado pola fusión de varios ósos que se encontran noutro tipo de animais, e é homólogo dos ósos tarsiano (nocello) e metatarsaiano (pé). A pesar disto, o tarsometatarso das aves a miúdo denomínase simplemente tarso ou metatarso. Articúlase co tibiotarso no extremo superior e coa primeira falanxe das dedas no inferior.

A fusión do tarsometatarso produciuse de varias maneiras e en distinta extensión ao longo da evolución das aves. En Neornithes (aves modernas) a fusión é máis completa no extremo distal (metatarsiano), aínda que está presente en toda a lonxitude do óso. Nos Enantiornithes, un grupo de aves do Mesozoico, a fusión era completa no extremo proximal (tarsiano), pero os metatarsos distais aínda estaban algo separados.

Molde do espécime tipo de Heterodontosaurus tucki. O tarsometatarso esquerdo é claramente visible.

Aínda que as aves son os animais máis coñecidos con ósos fusionados, non eran o único grupo nin o primeiro en telos: nun caso salientable de evolución paralela, un tarsometatarso estaba poresente nos Heterodontosauridae, un grupo de dinosauros ornitisquios diminutos pouco relacionados coas aves. Os seus restos máis antigos datan do Triásico tardío hai máis de 200 millóns de anos, e preceden as primeiras aves con tarsometatarso en case 100 millóns de anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baumel, J. J., Handbook of avian anatomy: nomina anatomica avium : Osteologia, vol. 23, Publicacións do Nuttall Ornithological Club (Estados Unidos), 1993, p. 45-132
  • Proctor NS, Peterson RJ and Lynch PJ (1993) Manual of Ornithology: Avian Structure and Function. New Haven, CT: Yale University Press.