Tangaroa Tangaroa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de maio de 1921 Atol Penrhyn |
| Morte | 23 de maio de 2009 Auckland |
| Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Demócrata |
| Premios | |
Tangaroa Tangaroa, nado o 6 de maio de 1921 en Penrhyn e finado o 23 de maio de 2009 en Auckland[1]), foi un político das Illas Cook.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como operador de radio para a administración neozelandesa (1939-1954) e despois para unha compañía navieira (1955-1963). En 1958 resultou elixido na primeira Asemblea Lexislativa do país pola circunscrición de como Penrhyn, permanecendo como deputado ata 1983, de 1969 a 1970 foi o líder do partido United Cook Islanders e ao ano seguinte integrouse no Partido Demócrata fundado por Tom Davis, a finais da década formou parte de varios gabinetes.[1]
En 1985 foi o primeiro nativo en ser designado Representante da Raíña, permanecendo no posto ata 1990,[1].
En 2003 a raíña Isabel II nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico no Palacio de Buckingham".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Funeral planned for Cooks leader Sir Tangaroa", Radio New Zealand International, May 30, 2009
- ↑ "Ariki speech highlights special links" Arquivado 26 de marzo de 2009 en Wayback Machine., Cook Islands government website, December 1, 2003.