Tang Fei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTang Fei
Biografía
Nacemento4 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Shanghai, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFicção científica feminista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Tang Fei (chinés simplificado: 糖匪; pinyin: Tán Fěi), nada en Shanghai no 1983, é o pseudónimo da fotógrafa e escritora de ciencia ficción chinesa Wang Jing.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A obra literaria de Tang Fei foi publicada en numerosas revistas chinesas do xénero como Science Fiction World, Jiuzhou Fantasy e Fantasy Old and New. Autora de fantasía, ciencia ficción, contos de fadas e wuxia (fantasía sobre artes marciais) acostuma a intepolar xéneros dentro do mesmo libro. Tamén é crítica de libros de ciencia ficción, as súas recensións aparecen en The Economic Observer. [1]

A súa ficción foi traducida en revitas como Clarkesworld, Pathlight, Apex e SO Mag. Na antoloxía en español Planetas Invisibles pódese atopar un dos seus contos traducidos.

Nunha entrevista concedida a Clarkesworld en 2015 fala da seguinte maneira sobre a súa obra:[2]

En chinés moderno, “historia” (故事) e “ficción” (小说) non son equivalentes. Unha historia ten as súas raíces no folclore e na oralidade, polo que posúe máis resiliencia e vitalidade. Por iso sempre me chamei unha contacontos, unha contadora de historias. As historias, para min, están infusas de máxia. Cada vez que as menciono, o meu espírito énchese de gozo

Obra[editar | editar a fonte]

  • 黄色 故事 -, traducido ao inglés como Call Girl (2013)
  • 蒲蒲 traducido ao inglés como Pepe (2014)
  • 宇宙哀歌, traducido ao inglés como A Universal Elegy (2015)
  • 自由 之 路 , traducido ao inglés como The Path to Freedom (2016)
  • 碎星星 - traducido ao inglés como Broken Star, e ao español, publicado na antoloxía homónima, Estrellas Rotas (2016)
  • 看见鲸鱼座的人, traducido ao inglés como The Person Who Saw Cetus (2017)
  • 熊貓飼養員, traducido ao inglés como Panda Breeder (2019)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 77–. ISBN 978-84-9181-924-0. 
  2. https://clarkesworldmagazine.com/tang_interview/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • 糖匪 (La literatura china traducida en España)