Saltar ao contido

Tamara Buciuceanu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTamara Buciuceanu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata
Tighina, Moldova (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 2019 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSfânta Vineri Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónI. L. Caragiale National University of Theatre and Film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata -
Familia
IrmánsIulia Buciuceanu Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0118312 Allocine: 249035 Allmovie: p133227 Editar o valor en Wikidata

Tamara Buciuceanu, nada en Tighina o 10 de agosto de 1929[1] e finada en Bucarest o 15 de outubro de 2019, foi unha actriz romanesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Selo postal emitido por Romanía en 2014 na súa honra.

Buciuceanu naceu na entón capital do condado romanés de Tighina, na rexión histórica de Besarabia. Graduouse no Colexio Nacional "Spiru Haret" en Tecuci no condado de Galați . Entre 1948 e 1951 asistiu ao Instituto de Teatro "Vasile Alecsandri" de Iași e no cuarto ano pasou ao Instituto de Teatro e Cinematografía de Bucarest e alí se licenciou en 1952. Foi unha das representantes da xeración de ouro do teatro romanés, coñecida como "A dama da comedia romanesa"[2], sendo unha das figuras lendarias do teatro de comedia. Actuou en máis de 25 películas, e foi o personaxe da profesora Isoscel da serie "Liceenii" o seu papel máis emblemático.

No teatro salientou nas obras Coana Chirița, Romeo și Julieta la început de noiembrie, Scaunele, Cumetrele, Doctor fără voie, Nepotul, Așteptând la arlechin, Domnișoara Nastasia ou Mamouret porén o seu papel máis recoñecido[3] foi o Vică Delcă da peza Dimineață pierdută" de Gabriela Adameșteanu. Para alén da súa participación no teatro e o cinema, Tamara Buciuceanu tamén traballou arreo en televisión.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Actriz de voz

[editar | editar a fonte]
  • Prințesa și Broscoiul: Mama Odie
  • Rio 2: mătușa Mimi
  1. "A murit marea actriță Tamara Buciuceanu Botez". Digi 24. 15 de outubro de 2019. 
  2. "Actress Tamara Buciuceanu, “the lady of the Romanian comedy,” dies at age 90". Romanian-Insider. 16 de outubro de 2019. 
  3. David Bradby e David Williams (2020). Directors' Theatre. Red Globe Press. p. 192.