Zoco (calzado rústico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tamanca»)
Zocos galegos de nova creación.
Quizais estea buscando Zoco (mercado árabe).

Un zoco é un calzado rústico, semellante a unha zoca, coa sola de pau e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello. Tamén recibe os nomes de chanca, chanco, galocha, galocho ou tamanca.

Características[editar | editar a fonte]

O zoco evolucionou a partir de padróns de madeira máis sinxelos, con correolas o a partir das simples zocas feitas totalmente en madeira, que polo xeral se usaban por baixo dos zapatos de coiro ou tela para elevar o pé por riba da lameira e o esterco dos camiños. Os máis humildes que non podían se permitir mercar zapatos levaban a madeira directamente contra a pel, deste xeito se desenvolveu o zoco, feito en parte de pau e en parte de coiro. Alternativamente, xa se tiña descrito a zoca na época romana, posibelmente antes, polos pobos celtas.[1]

Durante a Revolución Industrial inglesa usábanse acotío cando os traballadores industriais precisaban calzado forte e barato. Homes e mulleres levaban zocos atados e abrochados respectivamente, os fechos eran de latón gravado ou máis comunmente de aceiro. As zocas usáronse nas cidades industriais [2] mais tamén nos peiraos do peixe de Londres, as feiras de froita, ou as minas de Kent.[2]

Asócianse moito na mente popular co baile pois con eles bailábase nos muíños de todo o occidente europeo, e de feito son a orixe dos zapatos de claqué. Hoxe en día aínda se usan na industria[1] e son particularmente vantaxosos nas industrias metalúrxicas onde poden se producir labras quentes ou derrames de metal fundido.

O oficio de zoqueiro segue vivo en Galicia con algunha empresa que elabora zocos de vangarda e tradición.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Walkley 2012.
  2. 2,0 2,1 Handscomb 1990.
  3. "Los zuecos de E-Ferro se hacen flexibles para estrenar temporada". La Voz de Galicia. Edición Deza (en castelán). 15 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]