Saltar ao contido

Conversa:Abellaruco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

No dicionario Ir Indo a entrada meixengra remite a ferreiriño rabilongo, tamén é así no Gran Dicionario Século 21 pero nos dicionarios antigos meixengra tradúcese sobre todo como abejaruco de cola larga (supoño que o abellaruco común) [1] e tamén en varios modernos designa ao Merops apiaster: Dicionario de Sinónimos de Galaxia, Dicionario normativo galego-castelán de Galaxia pero non o gran Gran Dicionario Cumio a voz meixengra é para o aegithalos caudatus sen remitir a voz ferreirolo, onde aparece listado o aegithalus caudatus, si na voz ferreirolo, como ferreiriño subeliño.--RNC 14:01, 26 xullo 2009 (UTC)

  • Tomando como fonte máis autorizada a Guía de aves de Galicia (Penas Patiño e outros, Baia, 2004), por actual e por ser obra de especialistas e non de lexicógrafos que pouco sabían de ornitoloxía) eu deixaría como título abellaruco e abelleiro como sinónimo; meixengra sería un sinónimo moi dubidoso (do que din no Diccionario de Diccionarios dedúcese que a meixengra é cousa distinta do abellaruco, xa que insisten en que é "abejaruco de cola larga"). Nesta Guía recóllense como entradas:
    • Abellaruco común, Merops apiaster. Non dá máis sinónimos e non cita a forma "abelleiro".
    • Ferreiro abelleiro, Parus major (cast. Carbonero común). Tampouco dá máis sinónimos.
    • Ferreiriño subeliño, Aegithalus caudatus.
  • Meixengra non aparece no índice. As descricións que dá o Diccionario de Diccionarios para meixengra corresponden tanto ó abellaruco ("especie de curruca, ave del tamaño de la hembra del cuclillo": mide 25-29 cm) como ó ferreiro abelleiro ("de pico corto y plumaje verde, agrisado por encima y amarillo por debajo", cores que en nada corresponden co abellaruco).
  • O de "rabilongo" é moi relativo. O certo é que o ferreiro abelleiro é o ferreiro de rabo máis longo.
  • abellaruco é o nome que lle dan Xerais e o Vocabulario de Ciencias Naturais; tamén Eladio Rodríguez, quen engade abelleiro, paxaro abelleiro e meixengra. Abelleiro é o nome que lle dan Xerais, Galaxia e a Gran Enciclopedia Galega.
  • Pedro --Lameiro (conversa) 14:58, 26 xullo 2009 (UTC)
  • Cambiado logo a abellaruco e eliminado o sinónimo de meixengra por pouco fiable.--RNC 15:16, 26 xullo 2009 (UTC)

O de ave rubideira que aparece no dicionario de Xerais, dá a impresión, consultando o dicionario, que non é un sinónimo, senón unha descrición do tipo de ave: ave rubideira = ave trepadora. De ser así non sería un nome desta ave.--Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2015 ás 20:23 (UTC)[responder]

Como non atopo máis referencias quito o de ave rubideira porque debes ter razón Miguelferig . Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2015 ás 20:55 (UTC)[responder]