Saltar ao contido

Tahúres Zurdos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tahúres Zurdos é un grupo de rock orixinario de Potasas (Navarra) cuxa carreira se estendeu entre 1987 e 2004.[1][2][3]

O grupo separouse en 2004, tras 17 anos en activo.

A formación orixinal do grupo era Aurora Beltrán (voz, e guitarra), Manuel Lolo Beltrán (irmán de Aurora e tamén guitarra), Luis Salcedo (baixo) e Javier Lizarazu Puntxes (batería).[4]

Lolo e Aurora proveñen da vila mineira de Potasas. Desa vila, e da existencia nela dun casino onde os traballadores da mina gastaban o soldo, vén o nome de "tahúres" que bautiza o grupo. A cuestión de "zurdos" é relativa a que tanto Aurora como Lolo son zurdos. As orixes do grupo remóntanse a Pamplona e a unha serie de actuacións dos seus membros no País Vasco, Navarra e outros lugares do norte de España.

Con 40.000 pesetas gravaron unha maqueta que máis tarde sería un disco homónimo.

O relativo éxito dos seus dous primeiros discos serviulles para fichar por EMI con Nieve negra e máis tarde con outras discográficas.

En 1990 Juan Manuel Ugarte incorporouse ao grupo (baixo).

En 1992 actuaron con éxito no festival Actual, en Logroño.[5]

En 1997 publicaron Tak cun rock menos severo.[6] O disco contiña unha versión de Piece of my heart de Janis Joplin.[6]

En 2004 gravaron en directo o seu último disco, Directo - 17 años[7][8]

O grupo despediuse en 2004, tras dezasete anos de carreira musical e nove discos.[9][10]

O grupo reuniuse no verán de 2019 para un concerto benéfico, tras o cal anunciaron algúns máis por toda España a partir do Nadal dese mesmo ano.[11]

Influencias

[editar | editar a fonte]

Nas súas cancións obsérvase unha influencia de The Who, Led Zeppelin, David Bowie ou Lou Reed.

  • Aurora Beltrán (voz e guitarras), desde 2007 segue a súa carreira musical como solista,
  • Lolo Beltrán (guitarras),
  • Luís Salcedo (baixista até 1990), Juanma Ugarte (baixista desde 1990) e
  • Javier Lizarazu Puntxes (batería).

O grupo separouse en 2004, tras 17 anos en activo.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Tahúres zurdos, 1988 Oihuka
  • Tahuría, 1990 Oihuka
  • Nieve negra, 1991 EMI
  • Árido, 1992 EMI
  • La caza, 1994 EMI
  • Azul, 1996 BMG-Ariola
  • Tak, 1998 Arcade
  • Acústico de la Cadena SER
  • El tiempo de la luz, 2000 Sony
  • 17 Años, 2004 Do it Records. 17 años é o título do disco recompilatorio no que grupo navarro incluíu cancións da súa primeira época e que foi gravado en directo en Tudela en decembro de 2003. O disco acompáñase de dous CD e un DVD no que se ofrecen 23 cancións e imaxes dos mellores concertos que o grupo ofreceu ao longo da súa historia (1988 - 2001).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]