Tachikawa Ki-36

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tachikawa Ki-36
Tachikawa Ki-36 98chokkyo.jpg
Tipoavión de cooperación co exército
FabricanteTachikawa Hikōki
Primeiro voo20 de abril de 1938
Produción1938 - 1944
Unidades construídas1 334
VariantesTachikawa Ki-55

O Tachikawa Ki-36 (designado Ida polos Aliados) foi un avión de cooperación co exército xaponés da segunda guerra mundial. Era un aparello bipraza de á baixa cun motor de pistóns e tren de aterraxe convencional fixo.

Deseño e desnvolvemento[editar | editar a fonte]

O prototipo, equipado cun motor de 450 cabalos Hitachi Ha-13, voou por vez primeira o 20 de abril de 1938. Tendo superado ao Mitsubishi Ki-35 en ensaios comparativos, o Ki-36 foi pedido para iniciar a súa produción en novembro de 1938. A fabricación rematou en xaneiro de 1944 despois da construción dun total de 1 334 unidades, 862 por parte de Tachikawa 862 e 472 por Kawasaki.[1]

Historial operacional[editar | editar a fonte]

O Ki-36 entrou en acción por vez primeira na China onde tivo éxito. Posteriormente, no Pacífico, demostrou ser excesivamente vulnerable aos cazas inimigos. Despois foi trasladado ao máis seguro teatro chinés. Cara o final da guerra o Ki-36 foi empregado como avión kamikaze cunha bomba de 500 kg instalada no seu exterior.[2]

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Ki-55: adestrador avanzado bipraza.
  • Ki-72: versión evolucionada cun motor Hitachi Ha-38 de 600 cabalos e tren de aterraxe retraíble. Non fabricada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francillon 1979, p. 254
  2. Francillon 1979, p. 253