Saltar ao contido

Tabarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de setembro de 2015 ás 18:39 por HacheDous=0 (conversa | contribucións)
"En el baile nacional". Caricatura gañadora do segundo premio do certame de caricaturas de El Liberal

José Laurentino Lorenzo Álvarez, máis coñecido como Tabarra, nado en Ourense o 11 de abril de 1871 e finado na mesma cidade o 25 de novembro [1]de 1923, foi un caricaturista galego.

Traxectoria

Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1893), durante a súa época de estudante principiou a colaborar coa publicación satírica Café con Gotas, e tras dunha breve estada en Madrid publicou en Solidaridad, La Lucha, La República, El Liberal ou Barcelona Cómica. En 1903 gañou o segundo premio de caricaturas de El Liberal [2]. De ideas socialistas foi membro da Agrupación Socialista de Ourense, presetándose ás eleccións municipais de 1909 nunha coalición republicano-socialista. Escribiu os folletos políticos Nuestras Ideas e El Régimen Socialista. Foi o pai de Xaquín Lorenzo e Xurxo Lorenzo Fernández.

Notas

  1. González Pérez, Clodio (2003) Xaquín Lorenzo Fernández Xocas (1907-1989). Toxosoutos, p. 41
  2. González Pérez, Clodio "Xoaquín Lorenzo Fernández. Vida" Boletín da RAG 365 (2004) p. 176