TTIP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asinantes do acordo, Unión Europea (en verde) e Estados Unidos (en laranxa).

TTIP son as siglas en inglés de Transatlantic Trade and Investment Partnership (Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento). Os negociadores deste acordo político de comercio e investimento entre os Estados Unidos e a Unión Europea buscan con esta proposta mellorar as relacións económicas mutuas. Os Estados Unidos e a Unión Europea supoñen o 60% do PIB do mundo cunha poboación de 800 millóns de persoas, sería a maior zona de libre mercado do mundo. O acordo está a ser negociado de xeito secreto e nas altas instancias, á marxe da opinión pública. Non se coñece o texto íntegro e só se fala de filtracións e propostas[1].

En 2014 o xornal alemán Die Zeit filtrou un borrador do proxecto polo que a UE puxo en funcionamento medidas para garantir a confidencialidade do mesmo. Dende entón só persoas moi achegadas foron autorizadas á consulta de textos moi concretos e sempre comprometéndose a manter a confidencialidade do alí exposto por escrito[2]. O acordo inclue a prohibición dos estados a poñer limitacións legais aos investimentos así como compensar ás empresas que fagan investimentos ou que non os poidan facer por modificacións legais. O acordo garante tamén o libre movemento de capitais e limita o de traballadores pero garante que os xestores das empresas poidan moverse libremente polos distintos países.

A sinatura do acordo suporía[3]:

  • Maior dependencia do petróleo ao permitir a utilización de carburantes máis contaminantes.
  • Non marcado dos produtos modificados xenéticamente e prohibición da súa limitación.
  • Eliminación de regras sobre os mercados financeiros e movementos de capitais, agora máis esixentes en EE.UU.
  • Eliminación das avaliacións independentes dos medicamentos non producidos nos EEUU, libre comercialización.
  • Eliminación das regras de preferencia nacional nos contratos públicos e sectores estratéxicos.

Notas[editar | editar a fonte]