Saltar ao contido

TRS 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TRS 3 / ERS 6
TipoTecnolóxico
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento9 de maio de 1963[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Agena B[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
NSSDC ID1963-014C
Masa0,68 kg[2][6][7]
Datos orbitais
Semieixo maior10022 km[1]
Inclinación87,3 graos[1]
Apoapse3753,0 km[1]
Periapse3549,1 km[1]

TRS 3 (Tetrahedron Research Satellite 3), tamén denominado ERS 6, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de maio de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]

Características

[editar | editar a fonte]

TRS 3 foi o terceiro membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 3 foi lanzado xunto con outros satélites no mesmo foguete, incluído o TRS 2. Levaba un único experimento a bordo, idéntico ó de TRS 2, consistente en 132 células solares en diferentes configuracións para investigar os efectos que o espazo tiña nelas, aínda que tamén foi usado para estudar os efectos da presión da radiación solar na órbita do satélite.[1][2][3][6][7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 6" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 29 July 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (63-16678). 31 de xullo de 1963: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 6 / TRS 3" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]